O vídeo posiciónase nas estratexias de marketing online

Video web y marketing onlineCase 9 anos despois de que a plataforma Youtube iniciara a sua andaina na rede e cun éxito avalado polos mais de 800 millóns de usuarios e unha media de 4.000 millóns de visionados diarios, os contidos de vídeo comezan a percibirse como elemento imprescindible dunha web. As marcas son conscientes desta tendencia e xa están comezando a apostar seriamente por este formato como eixo das suas estratexias de marketing online.

Un sitio web con contido audiovisual reporta un valor engadido significativo en termos de experiencia de usuario e posicionamento, contribuindo notablemente a incrementar o tráfico. Por outra banda, a presencia de contido audiovisual contribúe a crear engagement cos nosos consumidores e usuarios, que confían mais nas marcas que son quen de amosar o seu producto.

Outra boa razón para incluir contido audiovisual na nosa web radica na súa capacidade de difusión. Compartir un vídeo hoxe en día é realmente doado e existen multitude de aplicacións e plataformas sobre as que podemos transmitir a mensaxe. Asemade, a integración coas redes sociais é xa un un feito, o que aumenta exponencialmente o seu potencial de difusión.

Facebook, como non podería ser doutra maneira, toma nota de todo isto e vén de anunciar que ofertará un servizo de anuncios de vídeo, os Premium Video Ads, pezas de 15 segundos de duración inseridas no fío de novas. O vídeo reprodúcese automáticamente sen audio e detense ó facer scroll na páxina. Para visionalo a pantalla completa e co son orixinal só teremos que facer click no mesmo.

Pero os de Zuckerberg pretenden ir un pouco mais lonxe e para garantir o éxito dos vídeos traballarán con Ace Metrix, unha empresa que, aseguran, é capaz de evaluar obxectivamente a creatividade da peza e propor melloras antes de ser colgado. No apartado das métricas, a prestixiosa compañía Nielsen será a encargada de ofrecer datos comparables ós dos ratings de TV coa sua ferramenta Nielsen Online Campaign Ratings. Así, os anunciantes poderán axustar a súa inversión en función dos datos que amose esta ferramenta.

Pola súa banda, a compañía Animoto, creadora dunha das apps de creación de vídeos con mais usuarios no universo dixital, vén de publicar recentemente no seu blog os resultados dunha enquisa on-line realizada nos Estados Unidos entre 1.014 consumidores que previamente tiveran visionado, polo menos, un vídeo nalgún dispositivo con acceso a internet (ordenador, tablet ou móbil) nos derradeiros 6 meses. Así pois, o 96% deles considera que os vídeos lle resúltan de axuda á hora de dedicir sobre a compra dun producto ou servizo e o 73% sería mais receptivo a adquirilo despois de ver un vídeo que explicara as súas características. Polo que respecta ós contidos, os vídeos de productos serían, xunto cos de temática humorística, os mais demandados.

Unha vantaxe comparativa significativa dos vídeos online radica, como xa dixemos, no seu potencial de difusión; o 89% dos usuarios recoñece compartir vídeos con contido explicativo, porcentaxes moi próximas as que acadan os de humor ou testimonios. As marcas que apostan por esta estratexia estimulan notablemente o engagement; o 77% dos consumidores pensa que estas empresas amosan mais compromiso cos seus clientes e o 58% confía mais nas compañías que se esforzan en xerar este tipo de contidos. A duración das pezas tamen foi obxecto de avaliación e opinión e os 83% dos enquisados considera que 5 minutos abondan para explicar as bondades do servizo ou producto.

O estudo tamén revela outros hábitos cando menos curiosos dos usuarios acerca dos lugares elexidos para ver vídeos. Así o 70% afirma facelo coa televisión acesa e combinar ambos visionados; o 48% faino mentres esta no baño e un 46% no traballo. Hai incluso quen prefire velos no dentista (37%) ou mesmo mentres camiña (32%).

Deja un comentario